O pasado mércores os nenos e nenas de 6º de primaria participaron nunha iniciativa en Santiago de Compostela, na sede da Xunta de San Caetano, para recordar a importancia dos dereitos dos nenos no día mundial no que se conmemoran.
 
Despois dunha semana traballando nun cómic que trataba sobre os dereitos que o alumnado consideraba máis importantes, presentámolos ante a nosa audiencia, para completar unha marabillosa tanda de traballos de colexios e institutos das catro provincias galegas.
 
Para rematar a nosa xornada, paramos a comer todos xuntos facendo así unha pequena convivencia e voltamos cara a Lugo, donde nos esperaban as nosas familias, desexosas de que lles contásemos esta grata experiencia.