Como xa sabedes, do 6 ao 16 de maio, celebramos no noso cole estas dúas semanas adicadas ás Letras Galegas.

Durante este tempo tivemos diversas actividades coas cales profundizamos non só na figura do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas, senón na vida dos autores aos que se lles adicou este día estes últimos anos.

 

Todo o cole estivo inmerso nesta labor de celebración deste tempo tan especial para nós e, coma todos os anos, rematamos cun fermoso acto conxunto no que todos os alumnos e alumnas do colexio participamos con gran ledicia rendendo homenaxe a este día tan significativo para os galegos.

 

Sempre é motivo de alegría reunirnos todos no patio, e máis se é para cantar e festexar todos xuntos á nosa Terra.

Mirade que ben o pasamos!!