Comezamos o mes de xuño, o derradeiro mes de clase e os de 5ºEP o celebramos cun día de excursión e convivencia. Parecía que non faría moi bo tempo pero o día foi mellorando e non caeu nin unha pinga de auga. Como bos peregrinos que somos, fixemos un pequeño anaco do Camiño de Santiago. Chegamos algo cansados pero mereceu a pena. No camiño puidemos compartir lembranzas do curso e momentos de ledicia que viñan as nosas mentes. Despois visitamos O Cebreiro onde puidemos desfrutar dunhas grandes vistas da paisaxe, das pallozas e mercamos agasallos. Logo, fixemos unha parada nunha área recreativa de Samos; alí xantamos e xogamos durante varias horas. Foi un gran día de convivencia, ledicia e diversión. Cando será a nosa próxima excursión?