Sendeirismo, equitación, tiro con arco... estas son algunhas das actividades que vimos de realizar o alumnado de 6º de primaria na nosa excursión de final de etapa en Manzaneda. Baixo un sol, por momentos de xustiza, compartimos tres días moi especiais que quedarán para sempre na nosa memoria, sobre todo eses momentos nos que compartimos as comidas, os ratos de (non) durmir e as confidencias dentro do tobogán. 

Agradecemos aos nosos monitores e monitoras Andrea, Sofía, Ana, Manuela, David... a súa paciencia e colaboración para que todos desfrutasemos (incluidos os e as profes... quen non se lembra de Paula subida ao cabalo).

En fin, que foi o mellor broche de ouro para unha etapa formidable. Viva 6º de Primaria!