Remata o mes de maio, un mes moi importante para a familia salesiana xa que é o mes de María.

Ao longo deste mes celebramos os Bos días para Infantil e Primaria no patio, a novena de María Auxiliadora na Parroquia da Milagrosa, e para rematar fixemos o día 24 a festa colexial de María Auxiliadora para celebrar de modo especial o seu día.

A primeira hora da mañá fixemos a Ofrenda floral no patio xuntándonos infantil, primaria e secundaria, a continuación entregáronse os premios do Concurso literario Xosé Quintero, e despois realizaronse actividades especiais en cada unha das etapas educativas: xogos, xogos alternativos e deportivos no parque de Albeiros e o Pabellón de Frigsa, incluindo un agasaio-degustación para repoñer forzas.

A tarde foi intensa, houbo festa larga no patio do colexio con exhibición de patinaxe, kárate e baile rexional, xogos de feria, inchables, Misión imposible, chocolatada e concerto para rematar un día tan especial. E os que aínda quedaron con forzas foron o sábado 25 a unha andaina polos ríos Miño e Rato.

Grazas a tod@s os que participastes e aos que fixestes posible que todas estas actividades foran un éxito.

Fotos da Ofrenda floral

Fotos da entrega de premios do concurso literio Xosé Quintero

Fotos da festa deportiva da ESO (pola mañá)

Fotos da festa de María Auxiliadora (pola tarde)