Os alumnos de 1ºESO tiveron unha saída cultural a Ponferrada, Astorga e León o mércores 3 e o xoves 4 de abril. A viaxe cultural tivo como obxectivo dar a coñecer ós alumnos outras cidades romanas como Astorga e ter unha pequena visión de Castela e León.

 

A primeira parada que fixeron foi en Ponferrada onde tiveron unha visita guiada polo Museo da Enerxía máis un taller experimental de construcción de fósiles. Xa en Astorga, despois de comer, os alumnos foron ó museo romano e fixeron unha visita guidada polos restos da cidade. Tras un ratiño de tempo libre, marcharon a León para durmir. Á mañá seguinte, visitaron á Catedral de León cunha audio guía e gozaron de tempo libre para pasear polo centro histórico da cidade. Finalmente, tras rematar de comer, regresaron para Lugo.