O pasado 11 de abril, os nenos e nenas de 1º e 2º tivemos unha excursión moi especial: visitamos o Museo de Ferrocarril en Monforte, onde aprendemos moitas cousas interesantes sobre os trens.

Alí vimos trens moi antigos e sobre todo moi bonitos.

Coñecemos como era un tren fai moitos anos por dentro, e tivemos a sorte de ver a locomotora a vapor Mikado non só por fóra, senon comprobar o bonita e luxosa que é por dentro.

Ademais enterámonos de que esta locomotora foi utilizada en moitas películas, foi moi emocionante!!

Tamén fixemos un pequeno percorrido en tren e vimos moitas réplicas chulísimas de locomotoras famosas.

 

Pero ademais, tivemos tempo para comer e xogar todos xuntos, desfrutando de un día intenso e moi divertido.