Os nenos e nenas de Primeiro tivemos onte un día moi especial, xa que, para celebrar o final do noso proxecto sobre os seres vivos, tivemos a sorte de poder ter no cole as nosas mascotas e plantas.

Alí coñecemos a dous gatiños preciosos, dous cans moi simpáticos, un lindo canario e incluso a dous caracois moi tímidos. Tamén tivemos con nós unha grande variedade de plantas moi bonitas.

Foi unha ocasión estupenda para coñecer máis acerca dos seus coidados, alimentación, costumes...

Este proxecto, que levamos a cabo ao longo de todo o trimestre, estivo cargado de moitísimas actividades coas que aprendemos un montón sobre todos os seres vivos e a importancia que ten coidala natureza: traballos grupais, de investigación, vídeos, debates, xogos...

Pero, ademais de este día tan especial para nós, no que o pasamos xenial; encantounos tamén a nosa visita á horta dos nosos compañeiros do Colexio Cervantes, que nos trataron de marabilla, onde todos fomos xardineiros e plantamos as nosas propias plantas e a onde seguro voltaremos para ver como crecen.

Encantounos o noso proxecto “Os seres vivos”!!

Velaí vos van algunhas fotos para que vexades o que nos divertimos todos durante estas actividades!!