Os nenos de 3º o xoves, 11 de abril, fomos a Ponferrada de excursión para coñecer como se producía a electricidade con carbón, é dicir, fomos ver o museo da enerxía. Alí vimos como funcionaba o tren de vapor e fixemos un percorrido para coñecer os diferentes oficios que se levaban a cabo na central témica. Impresionounos como os mineiros deixaban a roupa colgada dun día para outro. 

Para rematar a visita fixemos unha actividade que se chamaba "De gigante a diminuto" na que usando uns microscópios moi pequeniños puidemos ver moitos obxectos e diferenciar as súas partes.

A continuación fomos visitar o castelo e dar un paseo ao seu carón antes de repoñer forzas e xogar un anaco.