O alumnado de 4º de EI e de 3º da ESO deixamos a nosa pegada innovadora co proxecto "Garabateando".

A través do garabato expresamos o que sentimos, pensamos, desexamos, o que nos fai sentir tristes ou ledos...Esta forma de expresión é a nosa primeira gran Obra.

Os mércores foron días moi agardados por todos, nos que compartimos experiencias, técnicas artísticas, e experimentamos con distintos materiais.

Rematamos este proxecto visionando as fotos dos momentos compartidos, facendo unha avaliación desta experiencia, degustando unha piruleta e visitando a exposición da  nosa gran obra  que montamos no corredor do cole.