Os días 27,28 e 29 deste mes, os alumnos de 4º de EP estivemos na granxa escola Serantellos de Cambados.

Estivemos acompañados polos nosos profes Javi Costoya, Rubén e Mónica e tamén con Noemí, Jose e Rosa, que foron as persoas que nos ensinaron tantas cousas da granxa nestes días e queremos dende aquí darlles as grazas.

Fixemos un montón de actividades, plantamos, fixemos compost, amasamos o pan que logo tomamos na merenda, elaboramos unha peteca que logo probamos como se utilizaba, estivemos cos animais ( pavo real, galiñas, codornices, cochos vietnamitas...).

Tivemos ratos libres onde iamos ao parque, e alí había un labirinto,onde desfrutamos moito, así coma no campo de fútbol ,era enorme.

Pasámolo tan ben que cando tiñamos que recoller as cousas estivemos a piques de chamar ao cole, por se nos podiamos quedar outros días máis, logo de pensalo un pouco....decidimos voltar para Lugo.

Pero viñemos cunha cousa moi clara, foi unha experiencia que nunca esqueceremos.