O pasado día 20 de marzo os nenos e nenas das clases do sol e da fresa fixemos  unha visita a biblioteca Municipal onde descubrimos libros moi interesantes. A directora da biblioteca explicounos como facer o carné para poder levar os libros á casa en servizo de préstamo. Tamén nos invitou a participar nas distintas actividades que programa a biblioteca.

Aproveitamos o bo día para xogar un pouco no parque cos nosos amigos.

Os máis pequenos do cole, as "setas", fixemos un longo percorrido pola cidade o venres 22 de marzo. Subimos ao adarve da muralla pola porta da Rúa Nova e camiñamos ata chegar ao Campo Castelo onde nos detivemos a descansar e a xogar.

Reanudamos a marcha pola Praza Maior onde descubrimos as estatuas de Manuel María, Rosalía de Castro e as dos romanos Paulo Fabio e César Augusto. Observamos a piscina romana e a catedral e voltamos pola Rúa Nova, un pouco cansos e con moita fame, pero moi contentos polo paseo e polo bo día primaveral que tivemos.