O alumnado de infantil gozou dunha divertida xornada de Entroido. Exploraron a selva cos seus disfraces, que foron moitos e variados: exploradores, animais, superheroes, princesas, fadas, piratas...

Desfilaron polo escenario do salón de actos e logo da merenda e da degustación de doces do entroido bailaron todos xuntos no corredor de infantil.