Hoxe pola mañá os alumnos de EP e ESO tivemos a celebración da colonia (1º-3º EP) e da cinza(4º-6º EP e ESO).

Onte comezábamos un novo tempo litúrxico,a CORESMA, neste tempo imos comezar unha nova aventura, unha aventura paseniño con Xesús durante corenta días.

Neste tempo temos oportunidade de cambiar, de mellorar as nosas accións con nos mesmos e cos outros.

Así que durante esta Coresma, teñamos o noso tempo de conversión, o noso tempo de cambio.