Lugo, 7 de marzo de 2019

 

Benqueridas familias,

 

Con esta breve circular, en primeiro lugar, queremos agradecerlles a súa xenerosa colaboración solidaria nos festivais de Don Bosco e na Operación Bocata, así como na despensa solidaria que este curso estamos a desenvolver dun xeito continuado por etapas e imos informando polas redes sociais do centro.

 

En segundo lugar queremos informarlles das cantidades recadadas nestas actividades. Estamos convencidos que máis importante que os euros recadados é a educación no valor da solidariedade. Un valor que nos leva a pensar nos outros e aportar o noso gran de area para construír un mundo máis solidario.

 

Nos festivais solidarios recadamos 1733,80 euros, que foron destinados integramente a Ho Chi Minh City (Vietnam) por medio de Misiones Salesianas e ao proxecto Ningún neno sen campamento.

 

No Bocata Solidario recadamos nesta ocasión 1236,88 euros, que foron destinados tamén integramente a Misiones Salesianas (Proxecto Ho Chi Minh City). Este ano agradecemos a colaboración de Fontecelta, Arume, Carnicerías Piedrafita e a comunidade Salesiana. Tamén agradecemos dun xeito especial a presenza das familias que participaron con nós neste xesto e aquelas que non puideron asistir, pero colaboraron coa Fila 0.

 

Moitas grazas a todos e todas!

 

O equipo de pastoral