Un ano máis  celebrouse no noso colexio a Operación Bocata. Case 400 persoas, entre pequenos e grandes, xuntámonos para o acto solidario. Comemos con ganas os bocadillos e gozamos dun intre en familia, con xogos e música; e con este sinxelo xesto, achegamos o noso granito de area á presenza  salesiana de Vietnam, que está a traballar duro para fomentar no país unha formación profesional de calidade, que permita o crecemento económico e o desenvolvemento, tan necesario despois da aínda recente guerra.

Este ano agradecemos a colaboración de Fontecelta, Arume, Carnicerías  Piedrafita e a Comunidade  Salesiana. Grazas a eles o importe recadado dos bocadillos irá totalmente destinado a Misións Salesianas para o citado proxecto.

E moitas grazas a todos os que colaborastes dunha maneira ou doutra, á comunidade educativa e aos alumnos. Esperamos ver moitas máis edicións da Operación Bocata!