O xoves, 14 de Febreiro, os alumnos e alumnas de 5ºEP fixemos unha gran excursión á Coruña. Primeiro fomos ao Museo Histórico Militar onde puidemos aprender moitas cousas sobre os acontecementos do noso pasado e asemade puidemos ollar moitas das armas que se usaron para defender ao noso país. Despois, fomos ao Muncyt, un gran museo cheo de obxectos moi curiosos. Recomendámosvos ir! Alí puidemos xantar para poder ir tomar pola tarde un rico xeado ao lado do Porto e xogar cos nosos compañeiros de clase. Aquí deixamos as fotos como recordo dese día de amizade e ledicia que tivemos.