O día 17 de decembro os nenos e nenas de 2º tivemos a sorte de aprender e divertirnos moito nun obradoiro sobre o coidado do corpo e da saúde grazas ás nosas familias. Estiveron con nós na clase e pasamos unha mañá moi interesante e entretida. Moitas grazas por colaborar sempre co colexio.