Os alumnos de Tecnoloxías da Información e da Comunicación de 4º de ESO visitamos a Fundación TIC o venres 14 de decembro. A visita foi unha gran experiencia, xa que puidemos observar cómo funciona unha televisión dende dentro.

Cando chegamos presentáronnos un vídeo no que nos explicaban a grandes rasgos qué é a Fundación TIC e todas as instalacións que teñen para a ensinanza das TIC en Lugo. Posteriormente enisnáronnos o que se podía facer cun croma e diferentes detalles necesarios para que se poida realizar un bo traballo de vídeo e audio. Máis tarde dirixímonos a unha sala na que se atopaba todo o equipo necesario para que un técnico de audio faga con facilidade o seu traballo. Alí amosáronnos todos os aparellos que empregan, qué ocorre nesa habitación durante un programa de televisión, e os diferentes micrófonos que podemos atopar actualmente. A continuación fomos ao control de realización onde un técnico especialista nese campo nos explicou en qué consistía o seu traballo e o que se podía facer nese control.

Despois fomos á planta de arriba e amosáronnos o arquivo, onde puidemos observar a evolución das cintas de cámara. Explicáronos que todas as cintas estaban sendo dixitalizadas e que un dos propósitos que tiñan era facer promoción da provincia de Lugo. Vimos tamén a sala onde traballan as periodistas e onde se desenvolve todo o traballo de búsqueda de información e de edición de vídeo.

Para rematar a visita gravamos o noso propio programa de televisión, no que cinco compañeiras da nosa clase fixeron papeis que podemos atopar no TICODIARIO: dúas fixeron de presentadoras, unha de reporteira de rúa, outra de entrevistadora de plató e outra de muller do tempo.

Ao rematar o programa puidemos observar o resultado do programa, e tamén nos regalaron un USB no que tiñamos o programa para poder levalo a casa.

Se queres ver as fotos da nosa visita pincha aquí.