O luns 10 de decembro inaugurouse o Belén Colexial no salón de actos co lema "30 anos de aventura paseniño. Deus Connosco!" Co gallo da celebración dos 30 anos dos Salesianos na cidade de Lugo.

Trátase dunha mostra fotográfica dos beléns feitos nesta andaina. 
Tamén está representado un dos primeiros beléns realizados, inspirado na traxedia do Prestige co lema "Temos Esperanza" e o último, o do pasado ano, baseado nunhas historias do Nadal.

O Belén deste ano represéntase cunha gran tarta de celebración onde o principal ingrediente é Xesús acompañado dunha morea de agasallos con mensaxes dos lemas de tódolos beléns feitos ata agora.

Logo de participar na Celebración dirixida polo director do centro, os presentes disfrutaron dun ágape de Nadal.

Os membros da comisión "Armando o Belén" convidámosvos a visitalo e desexámosvos un Bo Nadal.