Lugo, 4 de decembro de 2018

 

Benqueridas familias recibide un cordial saúdo practicamente ao final do primeiro trimestre deste curso 2018-2019.

 

Como moitos de vós sabedes, levamos varios cursos realizando unha reunión intermedia para ter a posibilidade de comunicarnos mutuamente cuestións que tanto a vós como a nós nos preocupan da educación dos vosos fillos e fillas. Seguimos convencidos de que para unha mellor coordinación na delicada tarefa da educación é moi importante o diálogo e a colaboración entre a familia e a escola.

 

Nesta ocasión queremos adiantar dita reunión para comentar temas de interese que estamos vendo que neste principio de curso son importantes para a boa marcha do mesmo. Cremos que é importante que entre todos poidamos colaborar para unha mellor convivencia e para que o alumnado renda ao máximo. Polo tanto, a proposta de encontro é a seguinte:

 

DATA: 17 de decembro de 2018

LUGAR: Salón de actos

HORA: 18.30 horas

TEMAS A TRATAR:

Presentación da marcha do curso por parte das titoras.

Temas de diálogo compartido.

Entrega de notas.

 

Para a nosa organización precisamos saber se imos contar coa vosa asistencia ou non, por iso pedímosvos que completedes o resgardo que está ao final da páxina e o entreguedes asinado ás persoas titoras do voso/a fillo/a. (podedes descargar a circular completa do espazo de descargas da web)

 

Aproveitamos, unha vez máis, esta ocasión para reiterarvos o noso agradecemento pola confianza depositada en nós para colaborar na educación dos vosos fillos e fillas.

 

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director