A semana pasada o alumnado de 3ºESO rematamos o noso proxecto de inglés sobre Halloween.

Comezamos buscando información e preparndo unhas presentacións orais axudados de powerpoints elaborados por nós. Traballamos en grupos colaborativos e tivemos a axuda de Simone para afondar na historia e tradicións británicas relacionadas con esta festividade.

Rematamos facendo unha exposición e acendido das nosas cabazas ou Jack O´lanterns.Quedounos todo ben chulo, e gozamos aprendendo dunha cultura cada vez máis achegada á nosa. Deixámosvos unha mostra gráfica do traballo realizado.