O pasado xoves,15 de novembro, os nenos e nenas de 4º e 5º de educación infantil saímos do cole para observar o outono e visitar distintos lugares da nosa cidade.

As setas do gusano e do rato quedamos preto do cole, na nosa rúa. Paseamos pola peatonal, observamos as árbores, recollemos follas do chan e visitamos a froitaría da praza da Milagrosa onde vimos moitísimos froitos do outono.

Os da fresa e do sol (xa somos un pouquiño máis maiores) demos un paseo pola muralla romana, visitamos a Catedral, a praza de España, o Círculo das Artes e correos. Tamén tivemos momento para gozar cos columpios do Campo Castelo.

Chegamos moi cansos ao cole, pero grazas á axuda de profes, nais e pais conseguimos facer o percorrido.