COMUNICACIÓN Á COMUNIDADE EDUCATIVA nº 4

 

O xoves 15 de novembro 2018 reuniuse de novo a Xunta Electoral para proceder á revisión das candidaturas presentadas, e velaquí os acordos tomados:

 

1º) CANDIDATURAS: Acórdase aceptar as seguintes:

 

PAIS-NAIS (2 postos vacantes):

Don Carlos Lema Toirán

Don José Marcos García

 

PROFESORADO (2 postos vacantes):

Don Eduardo Álvarez González

Dona Patricia Zuluaga Rodríguez

 

ALUMNADO (1 posto vacante):

Dona Cecilia Plaza González (1º ESO B)

Don Martín Rico Álvarez (1º ESO B)

 

 

2º) PROCESO ELECTORAL:

 

Confírmanse, polo tanto, tres votacións o día 27 de novembro de 2018:

Elección de representantes de pais-nais. Será entre as 13.30 e as 16.00 horas. Será necesario un representante de pais-nais para a mesa electoral.

Elección de representantes do profesorado. Será nun claustro extraordinario ás 17.00 horas. Serán necesarios dous representantes para a mesa electoral.

Elección de representantes do alumnado. A votación levarase a cabo ao longo da xornada escolar. Serán necesarios dous representantes para a mesa electoral.

A elección dos representantes para as mesas electorais levaranse a cabo nun sorteo público no salón de actos do centro o venres 16 ás 13.30 horas.

 

En Lugo, a 15 de novembro de 2018.

 

 

Asdo. Óscar Bartolomé Fernández

Presidente da Xunta Electoral