O venres, 9 de novembro, os alumnos de primaria e infantil celebramos o magosto, festa típica da cultura galega. 

Rubén, coma sempre, quentou as castañas que previamente os nenos e nenas trouxeron asadas das súas casas.  Este ano tamén degustamos noces e avelás. 

Para levar a cabo esta festa baixamos ao patio, onde os mestres, mestras, pais e nais repartiron tódolos froitos. E como en toda festa que se precie tivemos música. Un grupo de alumnos tocaron e entre todos cantamos unha cantiga da nosa cultura tradicional. 

Paula e Rubén vestíronse acorde á celebración e viñeron caracterizados como o señor Manuel e a señora María.