O martes, 6 de novembro, globos e caracois visitaron a granxa da "Casa do Queixo". Alí descubriron moitos animais aos que poideron dar de comer e coñecer moitas das súas características. Apañaron castañas e outros froitos do outono cos que fixeron manualidades e prepararon un magosto na lareira dunha das casas da aldea onde se atopa a granxa, máis tarde elaboraron unhas galletas coa fariña do muiño. Todos estiveron moi atentos e disfrutaron dunha experiencia inolvidable.