COMUNICACIÓN Á COMUNIDADE EDUCATIVA nº 3

 

O luns 5 de novembro de 2018 reuniuse por vez primeira a Xunta Electoral que, seguindo as instrucións da Xefatura territorial de Educación acordou o seguinte no referente ao proceso de renovación parcial do Consello Escolar:

 

1º) CENSO ELECTORAL: Apróbase e queda a disposición de toda a comunidade educativa para a súa consulta na secretaría do colexio, entre o martes 6 e o xoves 15 de novembro ata as 14.00 horas.

 

2º) PRAZAS A RENOVAR: Estudada a actual composición do consello escolar, as prazas a renovar que corresponden no noso caso son as seguintes:

PAIS-NAIS: 2 prazas a renovar.

PROFESORADO: 2 prazas a renovar.

ALUMNADO: 1 praza a renovar (téñase en conta que só pode ser da ESO).

 

3º) PERIODO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:

Pódense presentar candidatos ou candidatas na conserxería do colexio dende o vindeiro martes 6 ata o xoves 15 de novembro ás 14.00 horas. Animamos a que se presenten varias candidaturas para formar parte deste órgano colexiado que ofrece a posibilidade de participar na vida escolar.

 

4º) PROCESO ELECTORAL:

a) Tras a presentación de candidaturas volverá reunirse a Xunta electoral para proclamar os candidatos ou candidatas que poden ser elixidos. A partir desa proclamación a lei establece un período de dous días para posibles reclamacións.

 

b) Data de votación: Será o martes 27 de novembro de 2018 (máis adiante, a xunta electoral fixará os horarios de tal votación).

 

En Lugo, a 5 de novembro de 2018.

 

 

 

 

Asdo. Óscar Bartolomé Fernández

Presidente da Xunta Electoral