O luns, 5 de novembro, e tamén o martes 6 de novembro, o visitador especial, D.Stefano Martoglio, deu os "Bos Días" ao alumnado do centro. Ven facer a visita á obra salesiana de Lugo no nome do Reitor Maior dos salesianos. É o coordinador da Rexión Mediterránea da congregación, que abarca as nacións de España, Portugal, Italia, o norte de África e Oriente Medio.
Falounos que ven para coñecer aos rapaces e rapazas de Lugo, unha fermosa cidade. Somos parte dunha gran familia, unha familia que ten mais de 2300 casas distribuidas por todo o mundo, en 132 paises, a familia salesiana. 
Nós temos a sorte de dispoñer de moitas cousas, outros, por exemplo en Siria, donde levan mais de 8 anos de guerra, non teñen nada. Os que viven alí non viven nunha película, senón que teñen que loitar cada día para sobrevivir. Por iso debemos ser e estar agradecidos polos recursos, personas e posibilidades que temos.
Rematou os Bos Días tendo un recordo por tantos mozos e mozas que non poden disfrutar das posibilidades e animándonos a aproveitalas cada día.