COMUNICACIÓN Á COMUNIDADE EDUCATIVA nº 1

 

 

Comunícase á Comunidade Educativa que corresponde, no curso 2018–2019, a renovación parcial dos Consellos Escolares dos Centros Docentes.

 

No mes de novembro levarase a cabo dito proceso de renovación do que iremos informando puntualmente. Nun primeiro momento comunicamos que:

O venres 2 de novembro ás 11.15 horas no Salón de actos terá lugar o sorteo para designar os membros da Xunta Electoral.

O luns 5 de novembro ás 17.45 horas na Sala de Xuntas constituirase a Xunta Electoral.

 

O artigo 7 da Resolución do 25 de setembro de 2018 di: «Aos membros integrantes da xunta electoral, das mesas electorais e aos electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Non obstante, o día ou os días en que teñan lugar as eleccións de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa non poderán ser declarados non lectivos».

 

 

 

 

Asdo. Óscar Bartolomé Fernández

Director

 

En Lugo, a 24 de outubro de 2018