Hoxe foi un día moi emocionante para os nenos de 3º a 6º de primaria... Tiveron unha visita moi especial!!! Que non sabedes que visita foi? Pois, viñeron a velos uns xogadores do Lugo!

A verdade é que rematamos a xornada escolar dun xeito moi emotivo. Os xogadores que viñeron foron Kravets, que xoga de defensa e  a xogadora chámase Minie e xoga no equipo de fútbol feminino en 2ª división. Tamén veu Jony que entrena aos benxamíns.

 Trouxéronlles un regalo, déronlles unha invitación a cada neno que teñen que canxear nas taquillas do Anxo Carro para ir apoialos no vindeiro partido.

Rematou a visita facendo unha foto por curso cos tres, pero sobre todo dándolles un moi bo consello: O primeiro son os estudos e, se se organizan ben tamén queda tempo para xogar ao fútbol.