Lugo,15 de outubro de 2018

Benqueridas familias:

Este ano tamén queremos traballar ao longo de todo o curso o tema da solidariedade. Como fixemos o curso pasado haberá varios momentos nos que se traballará dun xeito puntual, pero queremos que todos os meses os que poidan e queiran colaboren coa DESPENSA SOLIDARIA que iniciamos o curso pasado.

A despensa solidaria é unha campaña de recollida de alimentos continuada, colaborando dun xeito máis sostido e continuado co noso contorno. A nosa intención, máis aló de paliar situacións puntualmente nas datas do Nadal, é que a axuda chegue ás familias que o precisen durante todo o curso 18-19.

Deste xeito, pretendemos que por cada unha das etapas do centro (Educación Infantil, Primaria e Secundaria) o noso alumnado colabore cun quilo/litro de alimentos cada trimestre, é dicir, cun total de tres quilos de alimentos distribuídos ao longo do ano, o que cremos permitirá ao alumnado tomar conciencia de que a realidade de moitas familias non é solucionable cun xesto puntual, senón que a solidariedade é unha actitude permanente ante a vida, e non un xesto. Os alimentos que se recollan iranse almacenando no centro, para seren posteriormente destinados a Cáritas da Parroquia da Milagrosa, quen repartirá bolsas de alimentos semanalmente, así como antes do día de Nadal a máis de duascentas familias, todas elas veciños/as do noso barrio da Milagrosa.

A recadación de alimentos quedaría, como xa dicimos, establecida por etapas do seguinte xeito:

Mes

Etapa

Alimento (poden ser outros)

Outubro

Infantil

Leite/galletas

Novembro

ESO

Arroz/conservas

Decembro

Primaria

Pasta/aceite

Xaneiro

ESO

Pasta/aceite

Febreiro

Infantil

Arroz/conservas

Marzo

Primaria

Leite/galletas

Abril

ESO

Leite/galletas

Maio

Primaria

Arroz/conservas

Xuño

Infantil

Pasta/aceite

Polo tanto, animamos a participar en familia a axudar á xente que está moi preto de nós e facerlles ver que non están sos, que nos preocupamos por eles, que somos solidarios e que poden CONTAR CON NÓS.

Grazas anticipadas de parte de todos/as.

 

O Equipo de Pastoral