Dende o 1 de outubro ata hoxe, 11 de outubro, os nenos e nenas de primaria coñecemos un pouco máis ao noso patrón San Froilán. Tamén coñecemos outros aspectos típicos da nosa cultura, a orixe das festas, a gastronomía típica... nunha palabra as nosas tradicións.

Visitamos a catedral e alí percorremos os espacios onde San Froilán e a súa nai, Santa Froila, ocupan lugares importantes.  Na súa capela explicáronnos  a súa vida, para eso, a parte de contárnola, ensináronnos fotografías dos lugares máis importantes que percorreu en vida.

E para rematar dun xeito especial, hoxe comemos empanada de polbo. Estaba moi rica!!