O 22 de setembro de 2018 xuntámonos no Club Fluvial de Begonte unhas 250 persoas do colexio Salesiano Divina Pastora, do centro Xuvenil Ateibo e da Fundación JuanSoñador, ou sexa, dos distintos ambientes que forman parte da obra salesiana de Lugo para inaugurar as actividades deste curso 2018-2019 na nosa obra Salesiana de Lugo.

 

A xornada desenvolveuse do seguinte xeito: logo da acollida tivemos a celebración da Eucaristía presidida polo director da Obra na que demos grazas a Deus polos 30 anos da presenza salesiana en Lugo, seguidamente tivo lugar a comida por grupos nun clima moi agradable e familiar. Remata a comida e despois dun tempo de sobres houbo tempo para xogar a baloncesto e a fútbol, ver unha actuación de maxia a cargo de Juanky, facer algunhas cabanas e incluso para bañarte no río Ladra. Ás 18.00 horas rematamos cun xesto conxunto tendo como fondo o noso lema deste curso: Unha aventura paseniño e A túa misión: Poñerte en marcha! Oficialmente rematamos a xornada coa foto de familia deste día de familia e convivencia que pon o punto de inicio para o curso 2018-2019.

 

Como o tempo e o ambiente entre todos era tan agradable os últimos estiveron gozando da compañía dos amigos, da boa convivencia e do xogo ata pasadas as 22.00 horas. Certamente foi un día moi xeito para todos, pequenos e maiores.