UNHA AVENTURA PASENIÑO

 

Hoxe na etapa de primaria tivemos unha xornada moi especial. Nun primeiro momento tivemos os bos días por megafonía onde nos explicaron o plan do día e nos animaron a que fose un día especial onde desfrutaramos moito.

A continuación comezamos ca titoría onde afondamos máis no lema do curso ”Unha aventura paseniño” e fixemos tres actividades,unha de reflexión da lectura que despois limos na celebración, outra de buscar un valor dos que aparecen no lema que será un reto individual ao longo da aventura do curso,e unha actividade de grupo clase onde nun camiño todos os membros da clase poñemos o noso nome como símbolo do camiño que percorreremos xuntos en harmonía. Rematamos a titoría cunha canción.

Nun segundo momento fomos á celebración 1º e 2º de EP na capela e de 3º a 6º de EP na parroquia, tamén especial xa que é 24 e lembramos a María Auxiliadora tamén.

Despois da celebración seguimos a nosa aventura deste día no parque de Frigsa.

Como vedes, unha mañá completiña.

Pasámolo xenial neste Aventura Paseniño!