Lugo, 14 de setembro de 2018

Benqueridas familias,

En primeiro lugar recibide un agarimoso saúdo neste inicio de curso 2018-2019.

Desde o Consello da nosa Comunidade Educativo-Pastoral queremos continuar a iniciativa de ter un día de convivencia ao inicio de curso, dado o bo resultado dos anos pasados. O obxectivo deste encontro é ter un día para compartir e convivir nun clima distendido entre os diferentes membros que formamos a nosa comunidade educativa salesiana.

Por iso, propoñémosvos para o día 22 de setembro de 2018, sábado, un Día de convivencia no Club Fluvial de Begonte. O horario previsto é o seguinte:

12.00-12.30 h. acollida;

12.30-13.30 h. celebración da Eucaristía;

13.30 h. comida (cada familia levará a súa) e seguidamente sobremesa de xogos e cancións para pequenos e maiores.

Remataremos ás 18.00 h. cun pequeno xesto final. O desprazamento corre por conta de cada familia. En caso de que o tempo non nos acompañe ese día anularemos dita actividade avisando o día anterior.

Para a nosa organización precisamos saber as familias que ides participar e o número de membros da mesma. Para iso, cubride a ficha que está debaixo indicando o nome do alumno/a, o curso e entregádea á persoa titora como moi tarde o 20 de setembro. No caso de ter varios fillos/as cubride soamente unha ficha. A ficha levárona xa os vosos fillos e fillas, en caso de non tela, está tamén dispoñible na sección de descargas da nosa web.

 

Atentamente,

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director