Estamos de volta! Empezamos unha nova aventura, eso si, paseniño. 

Hoxe foi un día moi especial.  No noso cole volveron as risas, as apertas, algunha que outra bágoa, o barullo... nunha palabra, volveu a vida!

Para uns foi unha volta a rutina, volver a velos amigos, os mestres... para outros había novidades, pois tiñamos novos compañeiros.

Para os máis pequenos o primeiro día de cole estaba cheo de medos, nervios, algunha bágoa, incertidume... Aínda así foi un día para non esquecer.

Cheos de ilusión e esperanza iniciamos un novo curso e, este ano co lema "Unha aventura, paseniño" así que, sin presa pero sen pausa, poñémonos en movemento.

Benvidos a todos e todas un ano máis á vosa casa!