Pasa outro trimestre máis e entre os proxectos realizados durante estes últimos meses, destacamos o traballo dos nenos e nenas de primeiro de primaria na elaboración dun mosaico, englobado no proxecto colexial "Sabores da Antiga Roma". moitas foros as horas dedicadas a facer teselas primeiro, e a colocalas no orden correcto despois, para conseguir o noso marabilloso produto final, un auténtico mosaico romano, que luciu os seus cores na exposición colexial ligada ao proxecto. Noraboa rapaces e rapazas!