Este mércores , 20 de xuño, os nenos e nenas de 6º graduámonos. Foi un día moi emocionante, estabamos moi nerviosos, ilusionados... en fin, unha mestura de emocións  e sentimentos encontrados; pero nunca esqueceremos este día.

Levamos 6 anos en primaria e gardamos  moitos recordos nos nosos corazóns. Nunca esqueceremos aos nosos mestres e mestras dende 1º ata 6º; todos e cada un deles deixáronnos moitos recordos que sempre nos acompañarán. 

Agora empezamos unha nova etapa que esperamos que sexa, polo menos, igual de bonita que esta que acaba de rematar.

 

Moitas gracias a todos e feliz verán!!!