Neste terceiro trimestre que está a piques de rematar levamos a cabo un proxecto colexial chamado “ Sabores da Antiga Roma”.

Durante estas semanas todos e todas fomos capaces de SER, de FACER E de CONVIVIR!!!, a través da investigación, da observación, manipulación, coñecemento…… de materiais propios da idade romana, como son os papiros, as moedas, a vaixela, a alimentación, a escritura…..Cada un de nós fomos, así alfareiros/as, ferreiros/as, cociñeiros/as, escritores/as romanos…. Xuntos conseguimos crear a exposición “SABORES DA ANTIGA ROMA” participando coas nosas elaboracións e traballo.

Realizamos gran variedade de actividades con axuda dos nosos compañeiros/as, levando a cabo a aprendizaxe de servizo. Nalgunhas ocasións foron os maiores quen ensinaron aos pequenos e noutras foron os máis cativos os que amosaron as súas dotes de mestres, porque é moi importante que sexamos capaces de APRENDER UNS DOS OUTROS/AS!!

O pasado martes 29 pola tarde tocaba poñer punto e final a este proxecto e que mellor maneira que celebrando todos xuntos, nenos e nenas de infantil e primaria, familias, profes, a “MERENDA” , unha tarde de convivencia e ledicia onde degustamos alimentos típicos da Antiga Roma, e na que puidemos ver un desfile do exército romano.

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de:

-Asociación Salesiani Luci Augusti

- Asociación de Nais de Pais do noso Colexio. ANPA

-Ao Concello de Lugo

-Grazas tamén ao profesorado que participou e colaborou activamente no desenvolvemento deste proxecto.

-E por último grazas aos alumnos e alumnas pola ilusión, polo esforzo e traballo compartido durante estes días; xuntos saboreamos a felicidade e xuntos compartimos amizade e momentos de aprendizaxe.

¡Ave, Salesianos do lugar de Augusto!