Entre os días 30 de maio e 1 de Xuño os alumnos de 3º de ESO desfrutaron, como se veñen facendo dende hai varios anos a finais de curso, duns días de diversión e convivencia xunto cos seus titores na localidade de Arriondas, en Asturias. Foron tres días intensos e divertidos nos que puideron practicar diversas actividades como espeleoloxía, un circuíto de multiaventura con rocódromo, tirolina, tiro con arco,... Tamén desfrutaron dunha xornada de sendeirismo, barranquismo, e mesmamente descenderon polo río Sella en canoa, sempre guiados polos profesores e por diversos monitores. E pola tarde-noite festa e baile para todos e todas!

Amais, houbo tempo para facer turismo e visitar as localidades de Cudillero, Ribadesella e Ribadeo.

Tres días para recordar con ledicia neste curso!