O alumnado de 4º da ESO realizou entre o 28 de maio e o 1 de Xuño a súa derradeira e máis especial saída co colexio.

Xunto cos seus titores, viaxaron en bus a Madrid. Alí na capital desfrutaron, durante cinco días, de moitas actividades culturais (visita ao museo do Prado, ao Teatro Alcalá para vivir o musical de Billy Elliot, á feira do libro ...) e tamén moitas actividades de ocio coma os “Xogos da fame” na serra de Madrid,  visita ao parque Warner, un paseo polo parque do Retiro, a visita a Faunia e unha entretida actividade de “escape room”, entre outras.

Unha bonita semana antes da gradación para recordar sempre nesta etapa!