Ao longo da semana os nenos de primaria fomos ver a exposición do Arde Lucus, que temos no noso cole, este ano se chama " Sabores da antiga Roma".

Tivemos uns guías que nos contaron moitas cousas, Pablo e Javi Romay, faláronnos da alimentación e da vida que facían os romanos. Aprendemos que se guiaban pola luz do sol, almorzaban moi cedo, xantaban un pouco a mediodía e cenaban sobre as 5 da tarde.

Os plebeios tiñan menos espacio e cociñaban na rúa, os patricios dipoñían de esclavos que os servían, comían recostados nunha especie de sofás, nunha sala que se chamaba triclinum.

Na rúa, na tabernae, había comida para mercar. 

Moitas gracias Pablo e Javi por todo o que nos ensinastes!