O día 5 de xuño os nenos e nenas de 1º e 2º de EP tivemos os almorzos saudables no comedor do noso colexio.

Estivo con nós un chef moi gracioso coas súas axudantes. Foi moi divertido, ensináronnos as propiedades dos alimentos e como debe ser un bo almorzo para ter forza para toda a mañá. Aínda que o chef estaba un pouco tolo e falaba cunha cacerola, Canto nos rimos!

Tomamos leite con cacao, pan con mel ou aceite, xamón, tomate e unha froita. Como nos puxemos! Encantounos!