Outro ano máis, o noso cole participa na Festa da Lingua, e... sabedes que? Que este ano fomos os anfitrións. Nenos e nenas do noso cole, do colexio "La Milagrosa" e do colexio "Divino Maestro" desfrutamos de bailes, cancións e moitas risas. damos especialmente as grazas a Charo Baleirón, coordinadora Dpto. Innovación Pedagóxica e dos EDLG de Escolas Católicas, e a Paco Nogueiras, que nos fixo saltar a todos e todas coas súas cancións e bailes. Ata o ano que ven a todos e todas!