Os nenos e as nenas de 6º estivemos de excursión todos xuntos en Manzaneda o 30, 31 de maio e o 1 de xuño. Convivimos durante 3 días para celebrar que rematamos primaria.

Foron uns días moi emocionantes e pasámolo moi ben. Fixemos moitas actividades, a pesar de que o tempo non nos acompañou moito, todas moi divertidas: tiro con arco, rocódromo, hípica, senderismo, orientación fotográfica, pelota canadiense.... tamén tivemos unha velada na que nos ensinaron que o xogo pode ser unha enfermidade moi grave e que o mesmo que gañamos moito dun xeito moi doado, tamén podemos perdelo todo nun intre.

O que máis interese espertou e máis emocionados nos tiña era a noite de disco e, non nos decepcionou, pasámolo moi ben e compartimos bailes cos nenos de Pepas. 

En resumo foron 3 días moi fríos pero moi intensos e que quedarán para sempre gardados na nosa memoria.