Actividades no mes de Maio: Bos días no patio,Novena e Ofrenda Floral.

 

O mes de Maio, o mes de María,no noso colexio é un mes moi importante xunto co mes de xaneiro, mes de Don Bosco.

Comenzábamos o día 2 de maio os alumnos e alumnas de EI e EP, e un gran número de familias,os Bos días no patio a cargo de Óscar, o noso director.

Os seguintes días 21,22,23 e 25 estiveron a cargo dunha profe de EI, dun profe de EP, representantes das familias e o último día estivo a cargo do director e do equipo de Pastoral.

Ao longo destes días honramos a nosa Nai,María Auxiliadora poñéndolle as características de humilde,dispoñible,solidaria e que facía todo con gratitude, estes valores estaban representados por flores que íamos colocando cada día na maceta de María Auxiliadora.

 

Dende o 16 de maio ao 24 tivo lugar na Parroquia da Milagrosa ás 19:30 horas a Novena a María Auxiliadora.

Onde participaron un bo grupo de nenos e nenas, familias,profes, membros da ADMA....

O último día na procesión participaron o grupo de baile rexional de actividades extraescolares así como un bo número de nenos que fixeron a comunión este ano.

 

O día 24 de maio festa de María Auxiliadora e día moi importante para a Familia Salesiana tivemos á última hora da mañá a tradicional Ofrenda Floral no patio do colexio onde estivemos representados toda a comunidade educativa pastoral.

 

E isto non é todo xa que fixemos tamén moitas máis actividades o 25, o día da festa colexial.