O pasado venres 18 de maio celebramos no colexio o día das Letras Galegas, para homenaxear a Mª Victoria Moreno e toda a nosa cultura, lingua… a nosa terra.

Na última hora da mañá, todo o centro escolar xuntámonos no patio, onde colocamos como figura central un maio-fogueira onde cociñamos moitas palabras galegas que nos identifican, palabras fermosas e únicas.

O acto consistiu en primeiro lugar dunha introdución sobre “ O SABOR DA PALABRA GALEGA. Despois o alumnado de 6º EP fixo a lectura dun poema de Mª Victoria e xa por ciclos… o momento de decorar e de cociñar :Decoramos o Lar coas palabras que antes traballamos nas clases.

Para finalizar, leron uns compañeiros unha introdución da canción coa que rematamos cantando para desperdirnos: A RIANXEIRA!! Uns acompañaron coa frauta e o resto cantando. Quedou todo moi xeitosiño.