Outro ano mais, os rapaces e rapazas de 4º a 6º de primaria desfrutamos das xornadas de educación vial que nos propoñen dende o Concello de Lugo. No primeiro trimestre acudiu ao noso centro un formador que nos ensinou conceptos básicos de educación vial. Xa no segundo trimestre, menos un curso que, por mor do tempo, tivemos que aplazalo para o pasado venres 18 de maio. Encantounos montar en karts, bicis, karts de pedais... Simplemente temos que traballar algo máis o de non meternos nos cebreados cando conducimos!