A alcaldesa Lara Méndez e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible Daniel Piñeiro recibiron na Casa Consistorial a un grupo de alumnos de 4º de ESO da materia de Economía. Alí, os rapaces entrevistaron a ambas figuras da política lucense e expresaron as súas inquietudes respecto a temas económicos e medioambientais da nosa cidade. As declaracións foron filmadas e empregaranse para completar o proxecto audiovisual “Pobreza, riqueza e consumo responsable”, que ten por obxectivo final realizar un corto documental inspirado no xornalismo de precisión.