O pasado venres nas dúas últimas horas da mañá toda primaria tivemos a titoría de Domingo Savio.

O seu día é o 6 de Maio pero ao coincidir en domingo adiantámola.

Nela puidemos afondar un pouco na vida deste xove santo, alumno de Don Bosco.

Escoitamos unha canción do seu musical que nos dicía que Domingo era un neno especial. contáronnos a súa vida e a anécdota da estufa chea de neve.

Con todo isto nos grupos cooperativos buscamos as cualidades máis importantes, fixemos un debuxo do propósito que nos chamou a atención e logo no corredor había un mural. Alí cada clase deixou por escrito en que cousa quere ser como Domingo.

Rematamos isto cunha frase de Domingo Savio: ”A santidade consiste en estar sempre alegres” por isto é chamado o Santo da alegría.